QUE SIGNIFICA UNIÓN SINDICAL NA CONCERTADA?
16 de Mayo por FEUSO, publicado en Galicia
O 18 de xaneiro de 2024 creouse un grupo de sindicatos da concertada (UGT, CCOO, FEUSO e SNEP de Galicia) procurando unha unión sindical que considerábamos imprescindible para conseguir os obxectivos que necesitamos e que se corresponden coa perda de dereitos aos que nos somete a Consellería dende hai moitos anos. O día 6 de febreiro celebrouse unha xuntanza entre a Consellería e as OOSS citadas. Falouse da xubilación parcial, da PEA, da homologación retributiva, sexenios, complementos como o da coordinación dos equipos de normalización lingüística,…