Galicia

FEUSO-Galicia denuncia la actitud sectaria de la Xunta con los colegios de enseñanza diferenciada

27 Enero

27 Enero 2009 por FEUSO | Galicia

Para FEUSO-Galicia, o ensino diferenciado é unha opción educativa e pedagóxica igual de lexitima que a coeducación. A Federación Ensino da USO-Galicia, na reunión mantida sobre o ensino diferenciado, quere transmitir a estes centros, os seus traballadores, as súas familias, os alumnos e alumnas e a opinión pública o seu decidido apoio a este modelo educativo.

Para FEUSO, o ensino diferenciado é unha opción pedagóxica igual de válida que a coeducación. O noso apoio baséase nos mesmos principios e argumentos que posibilitan a existencia sen complexos de calquera outra escola privada, xa sexa concertada ou non. E como afirmaron numerosas sentenzas nacionais e internacionais, nestes centros educativos, a maioría con moitos anos de implantación e de experiencia, en ningún momento discriminase a ninguén, nin moito menos pode dicirse que este modelo sexa segregador, como denuncian os partidarios do modelo exclusivo da coeducación.

Para FEUSO, ningunha forma de discriminación é admisible, nin en centros sostidos con fondos públicos nin en centros privados con ningún nivel subvencionado, pois atacaría frontalmente os principios máis elementais da convivencia democrática e ademais constituiría un delito. Non é este o caso das escolas que practican o ensino diferenciado, pois non só non distorsionan a liberdade de elección de centro que teñen as familias, senón que a completan e enriquecen, como así veñen demostrando desde fai xa tantos anos.

Ademais, para FEUSO, a elección dunha determinada opción pedagóxica debe quedar salvagardada polo respecto á autonomía dos centros, a protección á súa identidade e o carácter propio. O exercicio da liberdade de ensino non admite dúbida respecto diso. As Administracións e os poderes púbicos teñen a obrigación de garantir o dereito á educación de todo o alumnado en condicións de igualdade.

Neste sentido, ademais, non existe ningunha norma nacional nin internacional que prohiba o ensino diferenciado. Ao contrario. Por exemplo, o protocolo do 1º do Convenio Europeo de Dereitos Humanos e Liberdades Fundamentais, que asegura o Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo, obriga a respectar o dereito dos pais a que a educación dos seus fillos sexa conforme ás súas conviccións relixiosas e filosóficas. A Convención da UNESCO de 1960 xa deixou sentado ademais que, polo lado da loita contra as discriminacións por razón do sexo, non podería xustificarse esa exclusión do ensino diferenciado por sexo.

Tal e como estableceu o Tribunal Supremo, ?a separación de sexos nas aulas non supón unha segregación e, xa que logo, é compatible co financiamento público mediante o sistema de concertos?. E como afirmou en numerosas ocasións o profesor José Luís Martínez López-Muñiz, Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Valladolid e experto no ensino diferenciado desde unha perspectiva xurídica, ?non poden utilizarse os concertos para que o goberno de quenda impoña as súas preferencias ideolóxicas ou pedagóxicas?.

Para FEUSO, ambos os modelos, a coeducación e o ensino diferenciado, son compatibles no actual marco xurídico español. E emprender accións políticas e xurídicas contra este tipo de centros, unha minoría, implica desde o noso punto de vista un ataque sen precedentes á política de equidad na educación e á capacidade de elección de centro de moitas familias, como así asegura a Constitución española.

 

Back to top