Galicia

Proposta sobre o Ensino Privado Concertado para o ano 2008-presentada por la Xunta a los sindicatos

05 Diciembre

05 Diciembre 2007 por FEUSO | Galicia

La Consellería de Educación de la Xunta ha entregado a los sindicatos más representativos de la enseñanza concertada su “Proposta sobre o ensino privado concertado para o ano 2008”. En breve, mantendremos una reunión todas las organizaciones para fijar una postura conjunta sobre esta propuesta. Por ahora, os informamos del contenido de la que nos ha enviado la Xunta.

PROPOSTA SOBRE O ENSINO PRIVADO CONCERTADO PARA O ANO 2008

*   Atrasos 2006: pagar no ano 2007 o 70% e en 2008 o 30% dos atrasos.
•   Educación Infantil: na actualidade a ratio é igual a 1. Empezar a tramitar para o periodo xaneíro-agosto unha ratio de 1,04 para facerse efectiva cando sexa posible e sen carácter retroactivo (calcúlase aproximadamente que sería posible dende o 1/04/08). Para o periodo setembro-decembro a nova ratio seria de 1,08. O incremento deberá servir tamén para liberar de horas lectivas ao profesorado.
•   Educación Primaria: na actualidade a ratio é igual a 1,36. Manter a mesma ratio no periodo xaneiro-agosto. Para o periodo setembro-decembro a nova ratio sería de 1,40 para centros de ata 6 unidades (incluidos os de 6), e manteríase 1,36 para o resto. O incremento deberá servir tamén para liberar de horas lectivas ao profesorado destes centros.
*   Educación secundaria: non procede a modificación da ratio. A reducción da optatividade en 1° e 2° da ESO supon que o mantemento das ratios implica un aumento real das ratios xa que libera 6 horas por unidade nestes cursos.
*   Educación Especial: na actualidade a ratio é igual a 1. Empezar a tramitar para o periodo xaneiro-agosto unha ratio de 1,08 para facerse efectiva cando sexa posible e sen carácter retroactivo (calcúlase aproximadamente que sería posible dende o 1/04/08). Para o periodo setembro-decembro a nova ratio sería de 1,12. O incremento deberá servir tamén para liberar de horas lectivas ao profesorado. Ademáis iguálase o complemento do módulo de persoal complementario de autistas ao de plurideficientes.
•   Subida salarial: con carácter xenérico establécese unha subida de 45 € para todo o profesorado dende setembro e sen carácter retroactivo.

Back to top