Galicia

O Ensino Concertado denuncia a falta de compromiso da Administración con este sector

20 Mayo

20 Mayo 2010 por FEUSO | Galicia

As organizacións sindicais: FSIE, FETE-UGT, CCOO, USO e CIG-Ensino  e as organizacións patronais do ensino privado concertado de Galicia: CECE, ACES e EDUCACIÓN E XESTIÓN queren denunciar a pasividade e a falta de compromiso da Administración ante os problemas que acucian ao sector. Reclaman da Consellaría de Educación a posta en marcha inmediata de accións que desbloqueen as negociacións e garantan a reactivación dos seguintes acordos:

ACORDO DE MANTEMENTO DE EMPREGO NO SECTOR, cunhas condicións que non supoñan, en ningún caso, un recorte dos dereitos dos traballadores recollidos en anteriores acordos.
Os traballadores do sector están sen Acordo de Mantemento de Emprego desde o 31 de agosto de 2009.

Desde 1991 o profesorado do ensino concertado sempre gozou, a través destes Acordos  dun instrumento válido para recolocar a máis de catrocentos traballadores que perderon o seu posto de traballo a causa da supresión de unidades concertadas.

Por primeira vez non hai tal acordo. Isto é así porque, tras o remate da vixencia do anterior, a Administración presentou un proxecto de  documento que non garante a recolocación dos traballadores e empeora considerablemente as condicións dos acordos anteriores. Debemos precisar que todas as organización  manifestamos a nosa conformidade coa “simple” actualización do Acordo precedente, e a propia administración a sí o aceptou inicialmente

ACORDO DE PAGA EXTRAORDINARIA DE ANTIGÜIDADE NA EMPRESA, que garanta o dereito de todos os traballadores que cumpran os requisitos a percibila nas condicións que se determinen.
O aboamento da Paga Extraordinaria de Antigüidade na empresa está paralizado. O ámbito temporal do anterior rematou o 31 de decembro de 2008, e a Administración, pese ás propostas presentadas polas nosas organizacións, négase a iniciar as negociacións de cara a subscribir un novo acordo que recolla a paga extraordinaria derivada do V Convenio Colectivo do Ensino Concertado.

Debido a isto moitos traballadores están á espera de que lles fagan efectivas estas percepcións, das que é responsable a administración educativa.

A falta de pagamento deste concepto pola consellería ten como consecuencia a xudicialización deste dereito, implicando a  empresas e traballadores nunha batalla xurídica tan fatigosa como innecesaria.

ACORDO SOBRE CONDICIÓNS LABORAIS E A CALIDADE DO ENSINO

Un dos obxectivos deste acordo é garantir a progresiva homologación dos salarios dos traballadores do sector cos do sector público, así como acordar  incrementos de rateo que permita una mellora nas condicións laborais destes traballadores e a impartición do ensino en condicións de calidade

A Consellería está a diferir a homologación, incumplindo os acordos subscritos polo Consello da Xunta.

A mesma LOE no artigo 117, pto 4 contempla a equiparación salarial dos traballadores do ensino concertado cos seus homólogos de ensino público. Pois ben, a Consellería non está a levar a cabo ese proceso de equiparación, pese a que os traballadores do sector sufriron no presente curso  un retroceso, pasando dun % no curso pasado a % na actualidade.

Por iso instamos á Administración a que inicie unhas negociacións eficaces que posibiliten a homologación salarial e o incremento de rateos necesario para a mellora das condicións laborais e de calidade do ensinoç

As organizacións empresariais e sindicais debemos concluír que a Administración educativa está a realizar unha política baseada no diferimento das solucións urxentes que requiren os problemas do ensino concertado.  Un colectivo que escolariza a máis de 93000 alumnos, e que da traballo a máis de 7000 docentes en Galicia.

Back to top